viernes, 4 de abril de 2014

Brooklyn Follies

Brooklyn Follies de Paul Auster. Editado por Galaxia no 2006. Páxina 83
"Tom contaba coa bolsa, pero vivía co limitado orzamento dun estudante de postgrao, completado cun traballo a tempo parcial na biblioteca universitaria para chegar a fin de mes. Falaron de chamar ao pai a California para pedirlle un préstamo, máis finalmente descartaron a idea. E outro tanto co padastro, Philip Zorn, que seguía en Nova Jersey. Rory pasara os anos dda súa belixerante adolescencia revolucionando a casa cos escandalos que montaba, e a ningún dos dous lle gustaba a idea de irlle pedir axuda a un home que chegara a desprezar a súa fillastra no fragor das batallas campais daqueles tempos. Aínda que el nunca lle dixo unha palabra á irmá sobre o tema, Tom sabía que caladamente Zorn culpaba a filla da morte da súa mai. Fixéralle pasar a June por un verdadeiro asedio de desgustos e aflicións, un tormento cuxa única recomponsa fora o regalo inesperado de poder criar a netiña."

Anaco aportado por Anxo

2 comentarios:

  1. Ao meu parecer o texto é un pouco longo. Creo que abondaba con "Tom contaba ... ... criar a netiña"

    ResponderEliminar
  2. Considero que Mateo Lesmes ten razón -como sempre- así que recortei o parágrafo por onde suxería.
    Deixo no comentario o parágrafo completo, de punto e aparte a punto e aparte é así:
    "O caso foi que Aurora e Lucy, que daquela xa tiña tres aniños, colleron para o Midwest e se instalaron con Tom nos dous andares superiores dunha casa arrendada. Antes de marchar, Aurora estivera sacando uns ingresos bastante decentes, pero case todo se lle ía no alugueiro, a roupa e unha rapaza que lle atendía a nena todo o día, o cal significaba que practicamente non tiña aforros dos que tirar. Tom contaba coa bolsa, pero vivía co limitado orzamento dun estudante de postgrao, completado cun traballo a tempo parcial na biblioteca universitaria para chegar a fin de mes. Falaron de chamar ao pai a California para pedirlle un préstamo, máis finalmente descartaron a idea. E outro tanto co padastro, Philip Zorn, que seguía en Nova Jersey. Rory pasara os anos dda súa belixerante adolescencia revolucionando a casa cos escandalos que montaba, e a ningún dos dous lle gustaba a idea de irlle pedir axuda a un home que chegara a desprezar a súa fillastra no fragor das batallas campais daqueles tempos. Aínda que el nunca lle dixo unha palabra á irmá sobre o tema, Tom sabía que caladamente Zorn culpaba a filla da morte da súa mai. Fixéralle pasar a June por un verdadeiro asedio de desgustos e aflicións, un tormento cuxa única recomponsa fora o regalo inesperado de poder criar a netiña. E despois fora quitarlle iso tamén. Zorn pensaba que morrera pola angustia de ter que se separar da meniña. Quizais era unha versión sentimental da historia, pero que pode afirmar que non sucedeu así? En honor á verdade, teño que confesar que o día do funeral a min se me ocurreu pensar o mesmo."

    ResponderEliminar