viernes, 11 de abril de 2014

Marcas de nacemento


"Marcas de nacemento" de Nancy Huston editado por Rinoceronte no 2012, páxina 206

"Mamá e Peter alias "papá" non previron nada para manterme ocupada no verán, e ese nada vénme moi ben. Eles están ocupados todo o día no estudio de gravación, o que os estimula e os pon de bo hurmor. Preto da nosa casa hai unha biblioteca, mamá tráeme moreas de libros para nenos e o verán convértese nunha especie de paraiso sen fin no que podo comer, ler e durmir ao meu gusto, e no que cas non hai regras externas. En cato ás regras internas, pois... aínda que o Inimigo segue a vixiar todos os meus actos e xestos con ollo crítico, parece que polo de agora decidiu manter un perfil baixo; dende que nos mudamos non me berrou, nin me obrigou a mancarme. Mesmo podo vestirme sen demasiados tormentos, aínda que tamén é certo que no verán sempre resulta máis doado."
Anaco aportado por Anxo

1 comentario:

  1. Ola, estaba lendo este libro que me estaba gustando especialmente, e chegando ao final non tiña pinta que fora aparecer ningún "anaco con biblioteca", de repente apareceu ese anaco que reproducín na entrada, quedei todo contento ;-)
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar