sábado, 7 de febrero de 2015

As voces baixas

"Había uns escaparates ante os que decote paraba con ollada atenta: as librerías e as ferraxerías. Tamén nas froiterías, onde apañaba as caixas para compoñer os andeis da súa biblioteca, alí onde a carón das gramáticas aparecía a Enciclopedia del Hágalo usted mismo, e o Libro de buen amor do Arcipreste de Hita facía parella cun libriño ao que lle tiña moita estima: A estética anarquista, de André Reszler."
As voces baixas; Manuel Rivas.; Ed. Xerais. Páx 200.
JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario