"-A nosa biblioteca secreta! Non sei que sería peor, que descubrisen isto ou as caixas de tipos -comentou mamá, mentres eu contemplaba apampado o que alí había.
Achegueime a aquel inesperado tesouro. Collín algunhas das revistas, que estaban ordenadas por cabeceiras e por datas: Nova Galicia, Mundo Obrero, A Voz do Pobo, Cuadernos de Ruedo Ibérico... Nin me soaban nin as vira nunca pola casa; se meus pais as lían, tiña que ser cando se recluían naquel cuarto." páx 208
"Comezou a ser habitual velos con libros en galego, de autores que eu non coñecía nin vira nunca pola miña casa. Ante a súa insistencia, tamén me animei a lelos por curiosidade. Algúns daqueles volumes, que nunca lles devolvín, aínda os conservo na miña biblioteca, como testemuña daqueles anos intensos: Longa noite de pedra, Vento ferido, Cousas ou Merlín e familia." páx 220
A viaxe de Gagarin; Agustín Fernández Paz. Xerais. Aportado por JMV
No hay comentarios:
Publicar un comentario