viernes, 26 de febrero de 2016

Intensa e quente é a túa humidade azul

"-Perfecto. Eu ás tardes non teño aulas, e marcho estudar á Biblioteca Pública, preto de aqui. Se queres..., por exemplo..., combinamos ás oito aquí mesmo. Nesta mesma mesa... E de antigo nada. A termo, se caso."
páxina 26

"-Oh, Fer. Non podo levala. Si en préstamo. Lereina e devolvereicha. Unha alfaia tal non pode saír por sempre da túa biblioteca. Sonche moi coidadosa coa libros, moi respectuosa cos alleos, máis que cos meus..."    páx 93.
"... ás veces penso que vivo nunha biblioteca con cuarto de durmir., sala de baño e cociña... E moitas veces, fíxate!, se quero ler calquera libro que sei que teño..., por non buscalo (non o atoparía nunca!) vou á biblioteca..." páx 135
"Viñéronselle á cabeza unhas imaxes, unhas fotografías que enchían unha publicación que había pouco tempo consultara na biblioteca da facultade."
páx 178
"Ten instrucións para entregarche unha caixa pechada e para que che deixe apañar o que desexes tanto da miñabiblioteca como do meu apartamento."
páx 282

Intensa e quente é a túa humidade azul. Xulio Pardo de Neyra. Edicións Positivas. 2014. Aportados por Anxo (a da páxina 26) e JMV (o resto)

No hay comentarios:

Publicar un comentario