"Na casa tiñan unha enorme biblioteca, pero estaba protexida por unhas altísimas portas de ferro. Ela non para de roldala. Intenta engaiolar o seu pai para que a deixe entrar naquel mar de delicias." páxina 17
"A nai e o pai consentiron en abrirlle a biblioteca, pero colocaron en lugares moi altos, no último estante, certos libros que non eran adecuados para unha nena. Ela sentía unha enorme curiosidade e o mesmo desexo de alcanzalos ca se fosen lambonadas." páxina 19
Marí Xosé Queizán. Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros. Xerais, 2014. Aportado por Anxo
No hay comentarios:
Publicar un comentario