lunes, 30 de mayo de 2016

Resistencia

"A Fernando Días e Rogério Serra deberíalles Dinís a única educación de matemáticas e xeografía que recibira na súa vida. Ligou o seu encontro a outro dos poucos momentos agradables da súa reclusión no cárcere: a biblioteca. Cando máis calor regalaba a primavera e o ruído do océano lle lembraba a sensación do mar bravo de San Pedro de Moel, levaron a Dinís polos corredores diáfanos e metérono nun cubículo pouco máis grande que unha cela. O rapaz abriu moito os ollos para se asegurar de que non estaba a soñar. As paredes do cuarto estaban cheas de andeis de madeira e os andeis de madeira estaban cheos de libros manuscritos e os libros estaban cheos de palabras que desexaban ser bebidas. Había títulos de Camilo, Julio Dinís, Ferreiro de Castro, Torga, Redol, Victor Hugo, Zola,…, volumes mercados ou encadernados polos propios presos que se presentaban ante os seus ollos tan seductores como a mazá de Eva. Era a biblioteca autorizada da prisión, bautizada polos reclusos nos anos cincuenta como Biblioteca Soeiro Pereira Gomes." páxina 203

"Por último está o Núcleo de Resistencia Antifascista que abrangue o patio da cisterna, o parladoiro, celas de alta seguridade e Biblioteca Soeiro Pereira Gomes no terceiro andar. Páxina 293.

"Ó fondo do piso encontrou a biblioteca. Nos libros, nas caligrafías miudas intentou topar as súas letras; os trazados das sumas e as restas e os debuxos polos mapas pero o seu espíritu voaba intanxible e anónimo na sombra de centos de presidiarios. Nin unha mísera pista que lle falara del e, á vez, todo cheiraba ó arume de Dinis no piñeiral." Páxina 294

Resistencia de Rosa Aneiros publicado por Xerais de Galicia no 2007. Aportado por Anxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario