jueves, 5 de enero de 2017

Inge e Robbie

Pasaba o día colgado do portátil repasando unha e outra vez os planos daquela horrible biblioteca (sen xanelas!!!) que proxectara para unha aldea perdida nun pólder. Seica a biblioteca non tiña xanelas porque a luz natural entraba toda a través dunha claraboia no teito, pero non entendía Inge que mal podían facerlle unhas xanelas a unha biblioteca. O caso é que non fodía dende había máis dun mes por culpa da biblioteca aquela e xa tiña arañeiras na “claraboia”… páx. 13
-Onte  a que hora chegaches? Non me enterei de nada. Fiquei durmido bastante cedo diante do ordenador repasando os planos da biblioteca. Sabes? Creo que xa sei como facer para que a luz natural que entra pola claraboia chegue coa mesma intensidade a todos os ángulos do edificio!
-Que ben! Alégrome! –murmurou Inge no medio dun bocexo-. Pois non sei moi ben que hora era cando cheguei. Tarde, iso seguro. Fun tomar unha cervexa a un pub que me tiña boa pinta preto do hotel e coñecín a unha xente moi argalleira que me enleou de mala maneira e ao final acabamos no quinto pino.
-Sinto non te ter acompañado pero xa sabes o importante que é  este proxecto para min. Se acerto coa biblioteca poden vir logo unha chea de encargas do mesmo contratista. Páx. 53


A súa infancia pasouna entre as mesas do restaurante “español” que logo abriron seus pais na Zwaerdecroonstraat, unha céntrica e tranquila zona residencial moi preto da Biblioteca Central da cidade.
Á biblioteca, precisamente, acudía daquela Robbie todos os días des que comezara a carreira de arquitectura. Xuntábase alí cos seus compañeiros, Marc e Ronald, e pasaban as horas a devorar libros e mirar rapazas. Páx. 57

Hoxe é un día feliz. Rematei por fin o proxecto da biblioteca. As complicacións técnicas da claraboia que me tiveron obsesionado durante tanto tempo non eran tales. A resposta estaba diante dos meus fociños dende o principio: a sinxeleza extrema, coma tantas outras veces. Como fun incapaz de velo? E iso que a foto da cúpula do Panteón de Roma, o edificio que tanto me cativou cando o visitei, que pola súa culpa decidín estudar arquitectura, ocupaba o lugar máis importante do meu estudio! Páx. 123

Inge e Robbie de Carlos Meixide, libro autoeditado no 2016. Aportado por Ana Cosque

No hay comentarios:

Publicar un comentario