jueves, 23 de agosto de 2018

Vidas imaxinarias

En 1881, Marcel, con catorce anos, seguindo os pasos de Maurice, vai vivir a París, á casa do seu tío materno León Cahun, que era na ocasión director da Biblioteca Mazarine. En realidade, a casa estaba na Biblioteca e ambas formaban parte do edificio do Instituto de Francia, fronte ao Sena, a Ponte das Artes, e o Louvre. Marcel vivía pois literalmente -e literariamente- nunha biblioteca e pasaba os días lendo marabillado todo o que podía, non só os autores novos e vellos, como Dickens, Defoe, Twain, Poe, Shakespeare e Whitman, senón moitos outros folios, incunables e documentos que lle chamasen a atención.
Páxina 10 (introducción de Xosé Miranda)

Vidas imaxinarias de Marcel Schwob, editado por Aira no 2017. Aportado por Anxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario