Pola mañanciña pasei co dedo os paneis informativos na biblioteca do hospital. Lin con interese un descubrimento da Universidade de Evanston. Seica demostraron que as ostras costeiras de New Haven, cativas moitos quilómetros terra a dentro, seguen abrindo e pechando as valvas ao compás dos ciclos lunares. Páxina 59
Relatos para televisión de Xabier Cordal, publicado por Xerais, 1ª edición do 2019. Aportado por Anxo
Neste blogue búscanse e amósanse parágrafos de obras literarias (novela, poesía, teatro, relato curto...) nas que aparece a palabra BIBLIOTECA. Para que o blogue funcione cómpre a colaboración d@s lector@s. Se eres lector@ e queres colaborar, cando atopes a palabra biblioteca nalgunha novela, poema, ou texto teatral que esteas a ler manda un email ao enderezo anacosconbiblioteca@gmail.com co texto que inclua a palabra e indica título do libro, autor, editorial, ano edición, páxina e o teu nome.
No hay comentarios:
Publicar un comentario