Dúas veces á semana ía á aldea de Simojarvi na procura de víveres e tabaco, e de paso collía emprestados algúns libros da biblioteca municipal. Pasou varias semanas nas brañas de Posio, e durante esa temporada leu moitos libros bos. Pax. 101
No colexio onde conseguiu a súa primeira praza como mestre, que tamén sería a última, interesouse polo anarquismo. Pedía a conta da biblioteca do colexio de Liminka obras en francés sobre o tema, e estudábaas coa axuda dun diccionario. Pax. 118
O ano da lebre de Arto Paasilinna publicado por Rinoceronte no ano 2018. Aportado por Anxo
Neste blogue búscanse e amósanse parágrafos de obras literarias (novela, poesía, teatro, relato curto...) nas que aparece a palabra BIBLIOTECA. Para que o blogue funcione cómpre a colaboración d@s lector@s. Se eres lector@ e queres colaborar, cando atopes a palabra biblioteca nalgunha novela, poema, ou texto teatral que esteas a ler manda un email ao enderezo anacosconbiblioteca@gmail.com co texto que inclua a palabra e indica título do libro, autor, editorial, ano edición, páxina e o teu nome.
No hay comentarios:
Publicar un comentario