páx 31
Naquel pazo o doutor mandou preparar unha sala de xogos, pero non de cartas, senón de xadrez e damas, e un gabinete de lectura, unha biblioteca cada ano máis grande, e abrir a varanda do balcón para que, quen quixese, puidese observar dende alí pola noite as estrelas, [...]
páx 44
Mandou sacar as espigas de millo, os sacos de castañas e patacas, todo o que alí dentro había para almacenar libros que logo Ana Soñadora ía catalogando para a Biblioteca Popular. Ese xa era o seu nome. Iso xa era o que poñía no cartel que mandou colocar, tan feliz. "A biblioteca que cambiará esta vila e, no fin de contas, cambiará mundo".
páx 65
[...] e libros, moitos libros daquelas bibliotecas que el soñou para que quen quixese ler, que lese, [...]
páx 74
E deulles calor e roupa.
Escola e biblioteca.
Caldo e soños.
Si, deulles todo iso.
Escola.
Biblioteca.
A a Ana.
Coa que dende o día primeiro, soñaron os dous.
páx 130
-[...] Falamos de facer aquí un colexio con aulas, con profesores, cunha boa biblioteca e un plan de estudos [...]
páx 175
Duroulle dous segundos a sorpresa. E durante eses dous segundos os ollos fóronselle a unha porta pechada xusto no outro extremo daquela biblioteca esaxerada. [...]
Achegouse aos libros. Aquela biblioteca daba a apariencia de estar perfectamente ordenada.
páx 176
Imaxinou que xa non faltaba moito para que don Darío aparecese, así que se apartou un pouco dos andeis, coma se quixese que, cando el entrase no salón (imaxinaba que en cadeira de rodas, como cando baixaba á exhumación) non a pillase fisgando nos volumes daquela inmensa biblioteca.
[...]
-Pensei que a unha muller da súa cultura lle gustaría ver a miña biblioteca privada. Como ve, hai moitos libros...
páx 181
Como era previsible, cando remataron a cea el anunciou (non preguntou se ela quería, deu a orde, sen dala, foi sutil, pero sen deixar espazo para a dúbida) que tomarían un viño doce, así o dixo, na biblioteca.
páx 191
Petou na porta dos apousentos de don Darío, onde estaba a biblioteca por onde entrara onte.
páx 192
E sen darlle un segundo ao seu corazón para se arrepentir, entrou na enorme biblioteca de don Darío.
[...]
Na biblioteca había, como xa preparada na véspora, dúas cadeiras de brazos. Pero non sentou.
páx 193
Achegouse aos andeis. Foi pasando, con máis calma que na véspora, os ollos por aqueles volumes. Como xa confirmara o día anterior, a biblioteca, numerosísima en libros antigos, estaba perfectamente ordenada por materias.
páx 195
Saíu e pechou a porta da biblioteca e baixou, todo o calma que puido, cara ás escaleiras principais do pazo.
páx 199
[...] olla para os seu pés e lanza unha bota para cada lado do gabinete, unha delas, de feito, sae voando e impacta contra os andeis do que un día foi unha enorme biblioteca chea de sabedoría e onde aínda quedan moitos libros, todos os que aqueles bárbaros non conseguiron queimar; [...]
FRANCISCO CASTRO; Tantos anos de silencio. Ed Galaxia. 2020
Aportado por JMV
No hay comentarios:
Publicar un comentario