miércoles, 29 de diciembre de 2021

A vida secreta de Úrsula B

páx 18

En teoría, a tarde anterior dera unha charla na biblioteca pública, con todo, non atopou nin unha soa publicación nas súas redes sobre o evento. Ela sempre o colgaba todo case instantaneamente. Entrou na páxina de Facebook da Biblioteca Ánxel Casal, buscando algún rastro da charla. A última publicación da biblioteca era das dez da mañá do venres: " Os dez libros máis prestados [...]
[...] Non quedaran a noite anterior nin sequera a acompañara á charla da biblioteca porque Raquel marchara a Cambados para pasar a fin de semana coa súa nai.

páx 23
- [...] Díxonos que Úrsula saíu o venres ás sete da tarde para dar unha charla na Biblioteca Ánxel Casal e que xa non volveu saber nada dela. [...]

páx 24
-O primeiro que vou facer  é ir á biblioteca -dixo Santi.

páxs 28, 29, 30
Biblioteca Ánxel Casal estaba apenas a dez minutos a pé.
[...]
Biblioteca Ánxel Casal era unha biblioteca relativamente nova, con pouco máis de dez anos e cun programa cultural bastante dinámico. [...] En época de exames as bibliotecas universitarias de Compostela reforzábanse e abrían as súas portas ata altas horas da madrugada.
[...]
Santi dirixiuse á bibliotecaria a quen coñecía de vista. Durante a súa baixa frecuentara bastante a biblioteca, pero non adoitaba pedir consello nin se involucrou nas actividades desta.
[...]
-Creo que hai algunha outra novela de Úrsula, se o que che interesa é a autora -dixo a bibliotecaria, despregando un gran sorriso dirixido só a Santi.

páx 39
-O venres Úrsula tiña unha charla na biblioteca pública. [...]

páx 74
[...] A desaparecida dirixíase á Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela para dar unha conferencia.

páxs 83, 84
"[...] A escritora foi vista por última vez ao saír da súa casa o pasado venres 22 ás 19:00 horas, cando se dirixía a dar unha charla na  Biblioteca Ánxel Casal en Santiago de Compostela. [...]"

Onte  pola tarde, despois de interrogar a asistente, chamou á biblioteca, pero tipo que a atendeu non tiña moito más que dicirlle que a loura da quenda da mañá.

páx 92
-O camareiro ten razón. Ata a biblioteca hai unha tirada andando.

páx 104
-[...] Saíu sen chuvasqueiro nin paraugas e un calzado pouco apropiado para camiñar os máis de dous quilómetros que separaban a súa casa da biblioteca pública. [...]

-[...] Estou con Santi en que non é desatinado pensar que alguén a recolleu para acompañala á biblioteca e que ela contaba con iso, [...]

páx 105
-[...] Ese venres quedou con el para que a acompañase á biblioteca. A partir de aí teño dúbidas. [...]

páx 171
"A que hora?"
"Quedarei libre sobre as seis".
"Eu teño unha charla na biblio".

páx 201
Pagou o café e dirixiu os seus pasos á biblioteca. Tiña unha longa fin de semana por diante e durante a baixa adquirira o hábito de ler.

páx 203
E xa pola tarde, Connor Brennan atopouse na terraza do bar Costa Vella con Santi Abad e unha moza da que Connor non escoitara falar nunca. Resultou ser a bibliotecaria da Ánxel Casal.

páx 211
Realmente esa non era a razón pola que non podía permitirse levar a Álex esa noite á súa casa. A razón era que a imaxe de Santi coa bibliotecaria loura aínda lle pateaba o estómago.

páx 214
Ana observou a Santi ao outro lado da mesa, buscando un indicio que lle indicase que cambiara. Como pasara  dese "Levo ano e medio en terapia e medicado" a pasear coa bibliotecaria da Ánxel Casa, tras pasar de novo pola súa cama.

páx 240
-Tampouco hai moita explicación: fun á biblioteca para buscar un libro e deume o seu teléfono. [...]

páx 246
-[...]Logo atopeino en Santiago coa bibliotecaria da Ánxel Casal e decateime de que, con todo, para el a súa prioridade non son eu nin a nosa relación.

páx 257
"[...] Lembrámoslles que a escritora santiaguesa Úrsula B. desapareceu o 22 de febreiro cando se dirixía a dar unha charla na Biblioteca Ánxel Casal. [...]"

páx 360
-Pero lembras o que sucedeu tras saír da túa casa?
-Non con claridade. Saín da casa para dar unha charla na biblioteca. O seguinte que lembro é ese soto.

ARANTZA PORTABALES; A vida secreta de Úrsula B. Editorial Galaxia 2021.

JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario