páx 15
[...] Os opositores decidiron acampar alí en 2010, uníronse aos labregos e moita xente acabou cultivando a terra. Non foi un camiño de rosas. Houbo grandes operativos policiais para expulsalos e derrubaron cabanas e espazos colectivos como a biblioteca.
páx 26
Defendo a eco-biblioteca do futuro, a barca dos libros. Eu tamén quero contar unha historia. A da barca dos libros. Consérvase unha foto que por si soa significa unha historia alternativa da cultura. É a dunha barca-biblioteca das Misións Pedagóxicas de Galicia. Percorría aldeas mariñeiras, [...]. Na psicoxeografía contemporánea, as bibliotecas públicas, as librarías e os ateneos autoxestionados serán e son os "almeiros", os espazos limpos de medo, igualitarios, [...]
páx 98
É difícil atopar un momento más feliz nesa historia ca o das bibliotecas das Misións Pedagóxicas chegando ás aldeas máis afastadas de a cabalo ou en barcas.
páx 103
Ao pouco de inaugurarse, puiden visitar a nova gran biblioteca de Guadalajara (México). Cando entrei, o edificio estaba case baleiro. Foron chegando grupos de mozos e chamoume a atención que a maioría ía na mesma dirección, e con présa. Seguinlles os pasos.
páx 147
Despois de moitas dificultades, o soño de Pidal púxose en marcha no albor da II República, dirixido por outro sabio lendario, Tomás Navarro. Un heroe de verdade: asumiría a dirección da Biblioteca Nacional de España en 1936, no período cruento de asedio e bombardeos fascistas de Madrid, e conseguiu manter a salvo o gran tesouro bibliográfico.
MANUEL RIVAS; Zona a defender. A esperanza indócil. Ed. Xerais. 2020
Aportado por JMV
No hay comentarios:
Publicar un comentario