Más dunha tarde a min tocábame realizar os cálculos máis sinxelos, que el revisaba logo para verificar que o resultado fose o correcto, así que cando soubo que eu me estaba afeccionando a ler poesía e novelas e que os curas que gobernaban o San Gabriel non só o toleraban senón que incluso me daban pulo, foi falar co director e pediulle que me limitase o acceso á biblioteca e que me impedise retirar esa clase de libros.
px 126
-Despois de falar co ex-interventor fun á biblioteca -proseguiu o detective-. Pedín un libro que se titula Represión e corrupción: as dúas caras da moeda. Coñéceo?
-Non.
XOSÉ MONTEAGUDO; Un tipo listo. Ed. Galaxia. 2009
Aportado por JMV
No hay comentarios:
Publicar un comentario