lunes, 30 de septiembre de 2024

Historias de Barbantia

px 35

Santiago tardou en volver á casa porque aínda deu unha boa volta pola vila para ver se batía de novo co músico, pero non atopou ningún rastro del. Preguntoulle a Anxo, o bibliotecario,  que estaba a piques de coller a bici para volver a Lampón, se coñecía ese prodixio roto que, había un bocado, tocaba diante da librería de Rosa; e tamén a Deira, o alcalde nacionalista. E nada, nin idea.
PAGANINI EN BOIRO; Antón Riveiro Coello.

px 78
Bombardeaban as vías férreas, os libros das bibliotecas arden arrasados pola barbarie, reducidos a borralla igual que acontecera na Beberplatz ou cos papiros de Constantinopla e Alexandría.
O SILENCIO DOS VENCIDOS; José Carou

px 87
[...] E lendo. Pois si. Dende que veu vivir comigo. Algunha novelas leu. Moito lle gustara O club da calceta. É de María Reimondez. Pois da miña biblioteca particular.. Ti si que tes que ler máis.
A BICICLETA; María Xesús Blanco

px 156
A cociña estaba moi ben, ampla, luninosa e ben equipada, e aos tres baños non había tacha que apoñerlles; a biblioteca encantouche, que ben que a Locaia lle gustasen os libros e a lectura!

px 158
Ao atopares os cadernos de pastas de hule negro, soubeches que deras co que buscabas. Non estaban na biblioteca, contra calquera lóxica, senón no cuarto de Locaia, nun caixón do armario onde non había outras pertenzas,

px 161
Co transcurso dos meses adquiriches atúa propia rutina case sen decatarte; a biblioteca constituíu un mundo para descubrir aos poucos, e sentar nunha butaca á noitiña para gozar da lectura con toda a calma do mundo rodeada de libros [...]
O HERDO DA TÍA AVOA LOCAIA; Uxía Casal

px 191
Declamei o poema con acento de vello bibliotecario arxentino:
Cuarenta naipes han desplazado la vida.
Pintados de talismanes de cartón
[...]
TALISMÁNS DE CARTÓN; Xosé Ricardo Losada

VVAA; Historias de Barbantia, Editorial Galaxia 2024.

Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario