viernes, 25 de abril de 2025

Pensa nao

 

px 31

Tose o Mariño e pide caña. Érguese e recita posuído, posuído por don Luís na biblioteca da casa do Señorito, acenando coas mans e estende o percorrido a todo o cuberto, incensado de múltiples fedores, co tangue na man:
-¿Oídes? [...]

px 80
Pero Don Antonio xa non está na fiestra.
Da biblioteca do despacho o Señorito acaba de tirar un libro groso de pastas acartonadas e ocres, vello.

px 153
[...]Entra na biblioteca e busca un libro calquera de seu pai, tamén médico, naquela desfeita. Busca, repasa, chega a ter na man "O Brindis" nun exemplar de La Oliva de 1856 que seu pai conservaba porque houbera un Sernarselle no banquete de Conxo, el, Manoel Sernanselle Neira.

px 160
O Señorito anda do balcón para a biblioteca despois de le-lo marteiro de Santa Mariña de Augas Santas e non lle san da cabeza os tormentos nas delicadas carnes da Santa [...]. Anda do balcón á biblioteca e treme o Señorito polas Augas Santas agardando un prodixio trastempado que endexamais virá [...]

ANXO ANGUEIRA VITURRO; Pensa nao. La Voz de Galicia, 2002
PREMIO XERAIS 1999

Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario