martes, 14 de julio de 2015

Cabalos e lobos

"Traballaba nun proxecto internacional sobre as orixes da lírica medieval europea. Vivía nun pequeno apartamento en Valparaiso Street, entre North Beach e Russian Hill, e fóra das miñas obrigas investigadoras -que incluían as visitas á biblioteca, unha reunión semanal cos coordinadores do estudo e mais a redacción dun cumprido informe trimestral-, a existencia diluíase gratamente nun ronsel de festas, bares, restaurantes, seráns literarios, paseos en bicicleta, concertos de jazz e visitas de fin de semana aos portos da baía."

Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo, editado por Xerais, Páx. 22-23. Aportado por Ana Cosque

No hay comentarios:

Publicar un comentario