jueves, 29 de septiembre de 2016

Os elefantes de Sokúrov

"A miña nai tiña unha boa biblioteca de autores rusos escondida detras dun armario. Era o noso segredo. Moitas noites levábame alí e deixábame sobar libros de Gorki, Puskin, Tolstoi ou Dostoievski que eu despois lía ás agachadas., cun pracer clandestino." pax. 51.

Os séculos amoréanse na pedra, superpóñense e, para atrapar o epíritu das rúas conta máis o intuitivo ca o es`lendor documentado das bibliotecas. E hoxe sinto unha atracción cara a fóra, cara esa luz triste que deixa a néboa e tira de min cara a unha aparición indefinida. pax. 322 

Os elefantes de Sokúrov de Antón Riveiro Coello, editado por Galaxia no 2015. Aportado por Anxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario