lunes, 3 de abril de 2017

Morena, perigosa e románica

"Polo que me explicaran os meus amigos, o máis probable era que a aquelas horas atopase a banda en cuestión zanfoneando ben pola praza da Princesa, ben polos soportais da praza da Constitución, ou, no seu defecto, en calquera dos moitos bares que hai entrambas as localizacións.
-A Biblioteca Central pódela aforrar! - advertira con retranca Alberto." Páxina 54

"-Está claro que vostedes, dama e cabaleiros, descoñecen este datos que lles vou dar, pero asegúrolles, señores, que até o máis despistado dos composteláns sabe que o Botafumeiro non se garda na catedral. No templo en si mesmo, quero dicir, senón na súa biblioteca.
-E quen lle dixo a vostede que estabamos informados desa particularidade, eh? -retrucou Atila máis a xeito de protesta que de resposta-. Por suposto que sabiamos que o Botafumeiro se gardaba aí, na.... Na...
As palabras do ideólogo do grupo quedaron penduradas no ar, e Panerola saiu ao seu rescate.
-Na biblioteca.
Sorrín."

......


"-Non lle vou negar que tempo atrás a cousa igual si era así de sinxela. Pero amigo, deixe que lle aclare algo: duns anos a esta parte o asunto complicouse unha miga. Especialmente logo que un dos electricistas do cabido confundise a catedral coa biblioteca municipal e decidise levar "prestado" o Codex Calixtinus". Páxinas 86 e 87

Morena, perigosa e románica de Pedro Feijoo, editado por Xerais no 2015. Aportado por Anxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario