domingo, 22 de septiembre de 2019

Contos do camiño e da rúa

Unha noitiña, a Balbina e o Paulos fuxiron. Foi ela quen o roubou para darlle vida. A avoa, o porteiro, as mulas vellas do coche, os libros da Biblioteca, desfixéronse como as moblaxes comestas do verme ó franquear as fiestras ó aire ceibe. Eles, os fuxitivos, acoubaron, nun pazo escanastrado da casa do Paulos.  A criada, páx 33

A María do Pilar gustaba mellor das grandes salas do pazo, tépedas no inverno se o sol bañaba as solainas, fresqueiras no verán, á hora da sesta. A María do Pilar líamoitas historias de santos e de santiñas que estaban escritas nos grandes libros da biblioteca.
O Pazo das Cinco Chagas, páx 81

Contos do camiño e da rúa; Ramón Otero Pedrayo. Ed. Galaxia. 2008. Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario