martes, 3 de diciembre de 2019

Once portas

Varios libros da biblioteca familiar, escritos gran parte deles polo coengo López Ferreiro (a quen o meu pai chegara a coñecer pouco antes da súa morte en 1910, e que logo volverá aparecer nestas páxinas), convertéranse para min en fonte de continuo goce e fascinación, ao permitirme descubrir que aquela morea de pedras que conformaban o meu horizonte cotián agochaban unha historia milenaria e repleta de misterios. Os tempos mortos no comercio dedicábaos integramente á lectura, e na casa, antes de me deitar, aínda aproveitaba para avanzar unhas páxinas máis naqueles grosos volumes ateigados de nome, datas e sucesos. Páxina 21

Fora el quen fixera xermolar en min o interese por estas cuestións, a raiz das conversas que mantiña cos seus clientes mais doutos, ás que asistía como mudo pero atento espectador; a partir tamén dos paseos pola cidade vella, sempre amenizados pola súa sapiencia; e pola ampla biblioteca que fora conformando co pasar dos anos, da que eu me fornecía para as miñas primeiras lecturas e na que os libros sobre Compostela eran a temática máis recurrente. Páxina 28 e 29

-Nada, cousas que atopo nos libros eses que compra para a biblioteca, os levo á tenda para ler cando non hai clientes -mentín para non ter que relatar a pouco crible historia do masai-. páxina 31

As ansias por atopar algún sinal que completase os múltiples baleiros daquela miña teoría leváronme a pescudar nas ducias de libros que sobre a historia da Compostela medieval se amoreaban nos andares da biblioteca do meu pai. Páxina 39

Así o puiden confirmar nun dos libros da extensa biblioteca do meu pai, Nuevo diseño de la urbe compostelana y sus muchos monumentos, obra do arcipreste Jenaro (outras veces Genar) de Fontiveros e datado de 1791. Páxina 41.

Tras un sono lixeiro na noite do sábado, o domingo á primeira hora regresei á biblioteca para seguir coas pescudas. Pasei gran parte da mañá tratando de casar portas e igrexas, unindo puntos entre elas en imporvisados planos da cidade dibuxados pola miña man. Páxina 43

A tarde do domingo comezaron a a caer as primeiras pingas logo de máis dunha semana de tempo solleiro e caluroso, o que agradecín para non ter que dar moitas explicacións sobre o motivo da miña reclusión voluntaria na biblioteca. Páx. 45

O resto daquela tarde chuviñenta paseino lendo evocadores artigos sobre numeroloxía e cabalística(dos que a biblioteca do meu pai tamén estaba ben fornecida), nos que se destacaba o simbolismo do número once e o seu carácter sagrado como enlace entre o ser humano e a divindade. Páx. 47

Leonardo ergueuse da cadeira de brazos desde a que me falaba e dirixiuse a un dos andares da biblioteca, de onde colleu, sen dubidar, un grosos volume de aspecto venerable. Páx. 66

Boto a vista atrás e paréceme imposible que pasasen xa tantos anos por riba de min, porque de portas para dentro(intra muros, compre dicir neste caso) vivinos coma un alustro, coma un suspiro. A miña muller, catro fillos, once netos (once), non sei cantos bisnetos... e unha tataraneta, Vitoria, nacida no ano 2000! A tenda herdada do meu pai, a casa e a biblioteca, todo o que aprendín sen ir á universidade, as cousas das que escribín, unha república, dúas ditaduras, monarquías. Pñax. 101 e 102 


Once portas de Hector Cajaraville, publicado por Xerais no 2017, 2ª edición. Aportado por Anxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario