lunes, 31 de agosto de 2020

Un lume azul


 -Escoite, procure acougar, a primeira vista non parece que teña vostede ningunha ferida de consideración - indícalle logo dun recoñecemento rápido, co home recostado nunha das cadeiras de brazos da biblioteca, xunto á cheminea-. Reláxese, aquí está a salvo. Que é o que lle ocurreu?. Pax. 107


O médico volve achegarse ao home e intenta consolalo de novo. Pero non o consegue. No seu lugar, o único que fai o estraño é caer nun pranto aínda maior. Desconcertado, Parrado vese superado pola imaxe dese home, chorando sen consolo fronte á cheminea da súa biblioteca. Pax. 109


Inmóbil no medio da biblioteca, Parrado comprende que as cousas acaban de torcerse moito, moitísimo, á vez que, aos poucos, o home na cadeira de brazos comeza a levantar a cabeza. Pax. 111


A casa parece en orde. O xardín en calma. O lume aínda acendido na cheminea da biblioteca...

Pero todo cambia en canto baixamos ao soto. Pax. 151 e 152 


Faise a un lado para cederme o paso e guíame pola casa ata unha especie de biblioteca, onde me indica que entre. Pax. 296


Malia agardar algo así, a vista non deixa de impresionarme. Porque a ese lado xa non hai árbores e, asomada a unhas das paredes do cabo, a casa ofrece unha vista privilexiada da ría de Vigo, desde o cabo Estai á dereita ata as illas Cíes ao fondo. Sigo coa mirada posta no embarcadoiro privado, alá abaixo, cando a porta da biblioteca se abre ás miñas costas. Pax. 297


-Troitiño díxonos que no seu momento el tamén o sinalou, pero vese que ninguén fixo demasiado caso das súas indicacións. O incendio comezou na biblioteca, lonxe de onde atoparon o corpo, de maneira que todos seguiron dando por boa a versión do accidente. Pax. 375


-A de que caese polas escaleiras sen apagar o famoso braseiro -continua Santos-. Ou sexa, que polo motivo que fose, a muller sae da biblioteca, vai ao piso de arriba e, cando volve a baixar, cae, parte o pescozo e aí queda, seca e deixando o cacharro aceso e sen ninguén que o controle, ata que, ao final, este prende e leva a casa por diante. Fin da historia. Pax. 376


Feijoo, P. (2020). Un lume azul (2ª ed.). Vigo: Xerais.

Aportado por Anxo



No hay comentarios:

Publicar un comentario