Se tan interesada está no caso, recoméndolle que visite a Biblioteca Municipal e revise os xornais.
De súpeto, entendeu todo. Non comprendía como puidera ser tan torpe, como puidera pasar por alto algo tan básico. p. 106
Por esa razón, a pesar do mal corpo que lle quedara despois da visita á igrexa e a conversa con don Vicente, seguira o consello do párroco e marchara de alí directa á biblioteca. Pasou a tarde entre andeis de libros, revisando os xornais próximos ás datas da desaparición das Giraud e mergullándose naquel caso que a axudaba a evadirse da súa propia realidade. p. 117
A chuvia batía con forza contra os peitorís. A xente entraba na biblioteca deixando un ronsel de auga no chan. p. 118
Sentiu a necesidade de pechar os xornais e marchar da biblioteca. p. 119
Pasadas as oito, cando a biblioteca estaba próxima ao peche, recolleu toda a documentación e acudiu ao mostrador para solicitar facer fotocopias. p. 120
En que momento pensou que podería descubrir algo que os demais non viran, lendo uns poucos xornais na biblioteca municipal, consultando Internet e tratando de sacarlle información ao cura da parroquia? p. 173
Quería crer nel, pero tampouco podía obviar as advertencias que recibira, e as propias dúbidas que lle entraran lendo a documentación que atopara na biblioteca. p. 239
No hay comentarios:
Publicar un comentario