sábado, 12 de septiembre de 2020

Os nenos da varíola

O despacho era en realidade a biblioteca do hospital. Despacho e biblioteca, todo xunto. Un lugar de reflexión, repouso, estudo e escrita que compartían os médicos. Todos, evidentemente, eran libros de consulta: tratados científicos, de anatomía, libros sobre enfermidades e tratamentos, escritos e publicacións varias.

[...]

O neno entrou coa cabeza baixa, sen entender moi ben o por que daquela risa tola. Avanzou pola estancia mirando de esguello os andeis cheos de libros. Máis dos que el puidera soñar nunca, e desde logo, máis do que nunca pensou que houbera xente disposta a escribir. (p. 38)

As semanas e os meses correron rápido. Isabel accedeu sen obxección a que Ezequiel botase unha man no hospital para ordenar a biblioteca, un labor ben necesario e importante.

[...]

O labor encomendado na biblioteca consistiría en facer o que lamentablemente nunca ninguén fixera antes en años: clasificar, ordenar, identificar e limpar cada libro, cada tratado, cada revista e publicación. Non era una tarefa doada, debía ler perfectamente. Comprender as materias das que trataba para poder clasificalos seguindo as precisas instrucións do doutor Posse Roybanes. A biblioteca tiña un bo número de exemplares acumulados durante anos. Longos e altos andeis cheos de libros, algúns moi vellos, uns mercados polo hospital e outros doados por distintos médicos que pasaran por alí. (p. 42)

Tras a conversa e a mañá de complicidades, Ezequiel acudiu á cita diaria como asistente da biblioteca. Cruzou o hospicio e seguiu polo edificio do Hospital da Caridade. Tiña o mandado do doutor Posse de ir sempre onda el antes de poñerse a ordenar a biblioteca. (p.71)


"Os nenos da varíola" de María Solar, 1ª ed., 2017

Aportado por Ana Cosque

No hay comentarios:

Publicar un comentario