jueves, 18 de febrero de 2021


 Todas as notas de artigos e libros que falaban sobre a intervención nazi na Guerra Civil española e a represión fascista na ría de Arousa e que levara da Biblioteca Central de Vigo ou consultara na Penzol ou na biblioteca municipal de Vilagarcía. (p.14)

O cadro titulábase A romaría, e pertencía á serie “Visión de España”, que ficaba na biblioteca da Hispanic Society en Vova York, entres as rúas 155 e 156 de Brodway, no medio dos lenzos dedicados á pesca do atún en Ayamonte e aso birlos gipuscoanos. (p. 82)

El en nada se parecía a aqueles extravagantes ratos de biblioteca que estudaran en Eton e no King´s College de Cambridge, e que pasaban a vida falando entre eles en latín ou en grego clásico. (p. 195)

E así me comportei, coma o covarde que sempre fora, o día que acudín a Vilagarcía de novo para consultar na hemeroteca da biblioteca municipal algúns gastados exemplares do Galicia Nueva. (p. 209)

Desacougado, apurei o paso e dirixinme á biblioteca municipal.

[...]

Iso pasábame por ser un latriqueiro e lle falar do meu proxecto un chisco nalgunha das outras ocasións en que visitei a biblioteca na procura das primeiras pegadas daquela vila dos ingleses, hoxe esquecida baixo o asfalto e o formigón. (p. 218)

Camiñando pola Mariña dubidei se achegarme aos Duráns, a ver que quedaba da miña infancia xogando ao balón na súa rúa, ou guindando terróns á efixie de Xoán XXIII no xardín ou devorando libros na biblioteca municipal, que daquela quedaba na traseira do Concello, mais ao cabo, desboteino. (p. 223)

A min aconteceume na que fora a biblioteca familiar, na casa da miña nai. (p. 269)

Aquela biblioteca fora o meu privado coto de caza durante tres ou catro anos. (p. 271)

Co tempo, o das reunións foi unha desculpa para acompañalos; o seu verdadeiro interese centrábase na biblioteca do Ateneo, que descubrira por casualidade. Chamarlle biblioteca resultaba un pouco ousado, pois non eran máis ca uns andeis cunhas ducias de volumes situados nunha parede do fondo da gran sala. (p. 298)

O xardineiro dos ingleses. Marcos Calveiro (2017)
Aportado por Ana Cosque

No hay comentarios:

Publicar un comentario