Expliqueille que non sabía moi ben. Segundo tiña entendido, podía ser bibliotecario, arquiveiro... Iso, ademais de profesor, claro.
- O de profe..., iso non debe de estar mal; despois de todo, trátase dunha vida cómoda, cantos meses de vacacións teñen? Canto ao de bibliotecario...; non sei, paréceme cousa de nachas, non dun macho feito e dereito coma ti. Pero, vaia: ao mellor, precisamente por iso, si que é un bo sitio para ligar. A ver se, na vez de cos libros e mais cos... como se di, os pergamiños e os manuscritos, pasas todo o día a pinar! Que pedazo de cabrón!
Páxs. 264-265. Policía nin en broma.
XOSÉ RAMÓN PENA; Todas as vidas. Edicións Xerais de Galicia. 2020
Aportado por JMV
No hay comentarios:
Publicar un comentario