martes, 22 de junio de 2021

Beleza vermella

 

páx 47

Unha vez, cando tiña dez anos, entrei no estudio de mamá sen permiso. Foi un domingo, despois de comer. Papá lía no sofá da sala. A tía Amalia e mamá estaban na cociña, a tomar café. Sara ensaiaba na o seu baile para o festival de fin de curso.

páx 89
biblioteca de Cidade da Cultura era a preferida de Ana. Adoitaba ir estudar alí porque non había problemas para aparcar. A rede wifi non caía nunca e non se podía dicir que estivese moi concurrida.

páx 91
Cando Ana pasou a folla e se atopou de fronte coa fotografía, quedou paralizada. Sentiu un berro subíndolle pola gorxa e parouno dentro da boca. Afogouno dentro, impedíndolle saír e invadir o silencio sepulcral que reinaba na biblioteca.
[...]
O sol da tarde caía con forza. Un matrimonio de alemáns achegouse a ela para pedirlle que lles sacase unha foto diante do "Donut" de libros que estaba á porta da biblioteca.

páx 108
-Que atopaches? Unha fotografía? Onde a tes?
Ana tendeulle o móbil.
-Onde estaba?
-Nun libro. Nunha biblioteca pública.

páx 116
Santi estendeulle o móbil e amosoulle a fotografía que atopara Ana na biblioteca. Lía quedou calada, como hipnotizada. De xeito instintivo botou as mans ao seu pulso e tocou as vendas.

ARANTZA PORTABALES SANTOMÉ; Beleza vermella. Ed. Galaxia 2020.

Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario