páx 23
A partir dos sete anos aconséllanme novelas breves. Os meus andeis énchense. O lombo dos volumes compactos é rosa, ou verde, ou vermello. A Biblioteca Rosa, "para as nenas", dígome; a Biblioteca Verde,"para os nenos; e a Colección Vermella ou Dourada... a saber.
páx 37
A irmá maior, que entrou no cuarto da pequena para consolala dun desgusto, advirte que non hai unha biblioteca no universo saturado de "mexericadas" da súa irmá.
páx 40
Mostro tamén outros síntomas que deberían facer pertencer por natureza á tribo dos ratos de biblioteca: aos once anos non oín nunca falar dos Beatles; nas festas quedo sentada nunha esquina; non escoito música pop, nin disco nin hard rock, moito menos punk.
páx 51
Paso un verán elixindo eu soa da biblioteca da casa de campo, fiándome da cuberta negra e amarela.
páx 59
Un corazón sinxelo uniuse á mila biblioteca secreta, esa cuxa entrada non coñezo e cuxo catálogo esquezo sen cesar.
páx 63
Collín o libro da biblioteca da casa polo título: O ruido e a furia. Síntome moi próxima a el. Expresa perfectamente o meu estado de ánimo.
páx 81
Ao rematar o curso de khâgne, aos dezanove anos, xa non digo que non me gusta ler. Xa non é verdade. Aínda lles teño algo de medo aos libros, síntome incómoda nas bibliotecas, conservo unha lentitude inquieta.
páx 107
N'O mesías de Estocolmo conta a vida de Bruno Shulz, o escritor polaco; tras rematar esta novela, tiña a impresión de que Bruno Schulz era unha criatura de ficción, un personaxe da súa invención. A miña biblioteca contiña libros dese autor; e, con todo, estaba disposta a atribuír ese feito a unha alucinación.
AGNÈS DESARTHE; Como aprendín a ler. Rinoceronte Editora, 2018.
Aportado por JMV
No hay comentarios:
Publicar un comentario