martes, 20 de julio de 2021

Douche a miña palabra

 

A escola era moi distinta á de agora.

Sen dúbida, moito peor.

Mesmo estiven nun colexio no que, ás veces, cando te castigaban, pechábante na biblioteca.

Que marabilla!, pensarás.

Non, non era unha maravilla.

En primeiro lugar porque unha biblioteca non é un sitio para castigar, senón un sitio para desfrutar, para gozar, para descubrir, para pasalo ben.

En segundo lugar, porque aquilo non era unha biblioteca senón un cuarto escuro e deminutos on se almacenaban os libros.

Parecía o cuarto dos ratos no que castigaban a Zipi e Zape.

...

Aquela biblioteca era a escuridade.

E, como dixo o escritor Agustín Fernández Paz, as bibliotecas deben ser unha luz.


Hoxe, en Galicia, a maioría das bibliotecas dos centros de ensino son sitios fantásticos, onde atopas moitísimos libros distintos.

...

Por certo, a min a lectura tamén me axudou en momentos difíciles da miña vida.

Moito.

Porque a lectura tamén cura.

Sabes que nalgúns paises se emprega a lectura para axudar a sandar xente nos hospitais?

Chámase biblioterapia ou lectoterapia.

Vale, a lectura non cura, pero axuda moito, porque relaxa, distrae, tranquiliza, dá confianza, acompaña e fainos recuperar o sentido da vida.

Pax. da 62 á 67

Alonso, F. (2021). Douche a miña palabra. Vigo: Xerais de Galicia.

Aportado por Anxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario