martes, 17 de agosto de 2021

A carteira

páx 108

Noutro curruncho da nave descubro moitos libros, folios encadernados e caixas de cartón dunha editorial. Son manuscritos orixinais e volumes decatalogados, deses que non se utilizan para ler, senón para realizar esculturas ou encher andeis baleiros nunha biblioteca mastodóntica.


páx 142
Durante un mes traducín en silencio as sentenzas pecaminosas coa axuda dos mellores dicionarios da biblioteca e da miña imaxinación.

páx 184
Soa a bucina que avisa  do reinicio das clases, deixo o poli de gardería no seu recuncho e por fin vexo a Azul e a Killer agochados, sentados contra o cristal da porta de emerxencia da biblioteca.

páx 189
Ao rematar a xornada, regresei pola rúa do instituto e, dende a reixa que pecha o recinto, albisquei o reflexo de Azul na porta de emerxencia de biblioteca.

páx 228
A actividade estaba encadrada nun programa da Unión Europea, pero, tras unha reunión na biblioteca, ningún membro do claustro quixo animarse a participar.

páx 229
biblioteca estaba ateigada e non había unha soa cadeira libre.

páx 277
Para a miña derradeira misión reserváronme a visita a unha biblioteca limítrofe con Algures. Forma parte da nova ruta e debo ir a primeira hora da mañá. Voulles deixar unha revistas e o que máis me impresiona é que as dúas bibliotecarias falan a voces entre elas.
[...]
-Que traes? -pregúntame a berros a bibliotecaria.
-Unha revistas -murmúrolle.
-Ti es nova, non? -grita-. A carteira anterior pasaba máis cedo.
Asinto e doulle as revistas.

SANTIAGO LOPO; A carteira. Ed. Xerais. 2021

Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario