páx 33
Mesmo o salón-biblioteca do meu pai na Coruña parecía máis emocionante.
páx 89
O meu irmán pasaba o día estudando. Horas na facultade, e logo continuaba na biblioteca do colexio co resto dos médicos.`
páx 133
-[...] Púxenvos xuntos porque sei que os dous ledes moito. Encarniña, eu lembro este rapaz de neno toda a vida cun libro na man, agachado nun recanto da biblioteca de Gosende.
páx 222
No meu colexio maior, a biblioteca comunal agachábase baixo uns plafóns do teito do corredor. Cando unha vez se avariaron os halóxenos, un padre trouxo unha escada e moveu os plafóns para ver que lle pasaba á lámpada. Ao retiralo aconteceu a poesía: sobre o cura caeu unha auténtica enxurrada de revistas porno [...]
páx 358
Aproveitei para aventurarme nas lecturas dos meus devanceiros na biblioteca do pazo, á que nunca lle prestara demasiada atención. Sempre me pareceran libros aburridísimos que ademais me facían tusir e me enchían os dedos de minio.
MANUEL GAGO; Nus. Ed. Galaxia 2021
Aportado por JMV
No hay comentarios:
Publicar un comentario