miércoles, 19 de enero de 2022

Vivir sen permiso e outras historias de Oeste

 

páx 121

-Mira o que descubrín na biblioteca, nun libro, O simbolismo animal, do señor Mariño Ferro.

páx 122
A metade da minúscula mesa, con apoio na parede, ocupábaa a súa "biblioteca", con algún libro propio e os emprestados da prisión.

páx 125
-Tatino...
-Tatino, hostias! Falas cos funcionarios, co bibliotecario, co director da prisión para montar o show das estrelas e a min nin unha palabra.

páx 135
Agarrou a Nel polo ombreiro e cravouno no chan.
- Non quero que volvas á biblioteca!
-Teño que devolver os libros.
-Os libros que os devolva Camagüey.

Así foi como eu entrei por vez primeira na biblioteca. E como coñecín a Milos.

páx 136
biblioteca estaba baleira e un sentíase moi a gusto, sen o cheiro a prisión.

páx 139
É o que ten a relixión, con todo o morbo dos pecados, con tanta virxe e tanto santo sen desafogo, que lle pon todo a punto de caramelo a calquera barrabás. Aí ten razón Milos, o bibliotecario.

páx 140
Mostrouma sen darma. Aquela letra de formiga.
-Esta. Recoñeces a letra, verdade? Leváchela ti.
-Eu?
-Leváchela ti. Dentro do libro que entregaches hoxe na biblioteca.

MANUEL RIVAS; Vivir sen permiso e outras historias de Oeste. Ed Xerais, 2018.

Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario