sábado, 9 de abril de 2022

O capitán Lobo Negro


 páx 159

Aprendeu a ladrón, a taberneiro, foi albanel empolicado nos exteriores dos altos edificios, mergullador máis tarde, carenador de fondos transatlánticos, coidador de cabalos en casas de boa familia, bibliotecario por suposto, [...]

páx 166
E unha mañá de choiva, negros os ceos, esborrallados os camiños de lama, achegouse ó antiguo cenobio que vira no seu soño e dirixiuse con frío convencemento á biblioteca.

Con seguridade, diante do fuciño escrutador do bibliotecario, retirou dos alzadoiros un dos libros.

páx 167
O home, maliciado, porque moitos destes empregados das bibliotecas, pola súa pasada vida nos corpos de seguridade, teñen intelixencia para o perigo persoal, conseguiu liscar, pero movido por odio repentino, porque tamén teñen esa chata, quixo cravar nas costas de Norberto un dagón aleve.

XESÚS MANUEL VALCÁRCEL; O capitán Lobo Negro. Ed. Galaxia, 1995

Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario