páx 116
Espurgou bibliotecas en media Europa e foron saíndo á luz documentos insólitos, moitos deles inéditos, como as confesións manuscritas dun cabaleiro medieval, que reuniu un fato de visionarios e abandonou Normandía a mediados do século XII coa idea de retornar ó Edén máxico.
páx 140
Pero un día descubriu por un azar caloteiro do destino, agochada entre as páxinas dun libro de poesía que non sobresaía en nada entre os máis de cinco mil volumes da súa biblioteca, unha mensaxe de amor dirixida a un tal Marcel.
páx 158
Este descubrimento foi esencial para o desenvolvemnto posterior da súa carreira, posto que se consagrou á busca afanosa de manuscritos inéditos perdidos en bibliotecas e arquivos de vellas editoriais, de familias nobres, ou das máis diversas institucións culturais e académicas que podían acobexa-lo tesouro virxe dalgún escritor primeirizo derrotado para sempre por algún consello pouco alentador.
XAVIER LAMA; Os moradores da nada. Ed. Galaxia, 1995.
Aportado por JMV
No hay comentarios:
Publicar un comentario