-Aquí imos montar a biblioteca. No panel da entrada puxemos un anuncio para que a xente vaia traendo os libros que poida. A idea é compartir e que os veciños do barrio se involucren. En principio funcionaremos co que cadaquén queira achegar. Se cadra facemos unha lista con algúns que nos interese ter aquí. Pax. 85
-Mañá traeremos uns estantes. Cun par deles será suficiente, polo menos de momento. A non ser que apareza alguén cunha biblioteca enteira. Poñémonos man á obra? Pax. 86
Unha biblioteca en marcha. Estamos admirando a nosa obra cando oímos un son metálico que se achega á porta. Unha espetada e uns pasos aplacados por un forte ataque de tose.
-Bo día, Dixéronme que é aquí o dos libros. Pax. 88
Quero seguir camiñando, buscar a Irene. Pero os pés impídemo. Crávanse no chan. Guille mírame coma se xa non tivese memoria. Non se me ocorre que dicirlle.
-Traes máis libros para a biblioteca?
-Deixame dez euros, Mateo. Por favor. Devólvochos mañá. Pax. 137
Ameixeiras, D. (2022). O cervo e a sombra. (2ª ed.). Vigo: Xerais de Galicia.
Aportado por Anxo
No hay comentarios:
Publicar un comentario