miércoles, 1 de noviembre de 2023

Hotel Carioca

 px 72

O que máis che gusta é a biblioteca do salón onde está don Servando, sentado sobre unha cadeira de brazos, cos ollos inclinados sobre o xornal e as lentes no bordo do nariz.

pxs 97-98
-Tal vez deberiamos mirar na biblioteca por se aparece algunha información dos pintores.
[...]
bibliotecario é un home amable que sempre ves pola rúa cun libro na man e unha lentes que semellan lupas.
[...]
-Os seus pintores? -o bibliotecario míravos de arriba abaixo, como medindo a vosa estatura, e abandona o mostrador.

px 99
bibliotecario, que está a escribir á máquina, mira para ti por riba da lupa dos lentes e agarda polas túas palabras:
-Pódeme fotocopiar estas páxinas?
Cando saídes da biblioteca, atopádesvos coa túa curmá Sofía.

px 101
Baleiras vellos patróns que túa nai garda nun cartafol de goma e metes nela as fotos, as cartas, o libro do Brasil, o teu caderno de notas e as fotocopias que vos fixo o bibliotecario e saes da casa sen que a túa nai se decate.

px 229
-Non esquezas o papel.
Tes que facer esforzos para lembrar que se refire ás fotocopias dos pintores que Orlando e máis ti fixestes na biblioteca.

px 313
Por sorte, a biblioteca tamén daba á fantástica terraza sobre a praia e, cando saíu, o seu pánico pareceu disolverse coa luz e deixou que a brisa entrase directamente nos pulmóns.

px 314
[...] e achegouse a el cunha pregunta circunstancial e sen ánimo de entremeter demasiado.
"Vin a súa enorme biblioteca".

px 315
Mentres almorzaba percorría coa vista o luxo do apartamento e parecíalle incrible que ese home que se gastaba ao sol e dicía ter unha biblioteca interior, sostivese todo ese mundo no éxito das súas novelas.

px 347
No pasado histórico do edificio, a biblioteca fora unha capela e alí, antes de o trasladaren ao cemiterio, instalaron o corpo do seu alumno destacado.

px 350
Ers un home más ben baixo, calvo, cos ollos cansos e o rostro engurrado como un figo. Tiña uns dentes irregulares e a prominencia do nariz parecía necesitar todo o aire da biblioteca para respirar.

pxs 365-366
En canto entraron na biblioteca, os ollos volvéronse sobre Antonio e as voces bateron entre si até desapareceren nun silencio confuso e incómodo.
[...]
biblioteca estaba a rebordar de xente e, mentres o ministro lamentaba a morte dun artista cuxa pintura estaba feita de pura intuición e liberdade, Antonio notou que había algo amargo nos cadros, [...]

px 417
O voso apartamento é pequeno e teriades que sacrificar a sala da biblioteca para a converter nun cuarto.

px 571
[...] pero todo é tan asfixiante que optas por te meter nunha biblioteca universitaria ateigada de estudantes que preparan os exames pendentes.

px 573
Volves á biblioteca e sentas na cadeira, inquieta e aterrada pola frialdade da chamada, e apagas o  portátil porque sabes que che vai resultar complicado concentrarte na novela.


ANTÓN RIBEIRO COELLO; Hotel Carioca. Ed. Galaxia, 2023.
I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela.

Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario