lunes, 18 de marzo de 2024

Aquí comeza o mar

 px 29

Pero lembrei tamén que unha tarde dos meus trece anos, na biblioteca do meu pai, atopie, á parte dun par de novelas  de Sade mutiladas, textos estraños da Pardo Bazán e de Wenceslao, ademais dun par de textos de Cunqueiro, que desenvolvían con suma inconcreción a idea dun desaugadoiro e dunha auga negra que se fora estendendo por Marineda [...] e conquistando os seus arredores, [...]

px 210
Son o sabio na cadeira sombría. As rams e a choiva baten na fiestra da biblioteca.

px 218
Entón púxenme a escribir, e acordeime da rede de sumidoiros que entrelazaba a cidade. Da biblioteca do Fórum saquei varios estudos orográficos e un ensaio de Wenceslao Fernández Flórez sobre as augas negras.


BLANCA RIESTRA; Aquí comeza o mar. Ed. Galaxia, 2022
Premio Blanco-Amor, 2021

Aportado porJMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario