sábado, 2 de marzo de 2024

Morgana en Esmelle

 

 px 106

-[...] Que cres que van facer con Ávalon os señores aos que agora te aprestas a servir? Arrasarana, como fan cos centros de saber que se afastan da súa doutrina, como as bibliotecas de Alexandría e Serapeo, de cuxa perda tanto te tes lamentado. [...]

px 162
Ao abeiro dos libros, amparado polo silencio da biblioteca, tentei volver no meu acordo, tentei espertar do pesadelo en que levaba horas afundido.

px 163
Odiábaa por medrar así. Odiábaa por entrar na biblioteca a buscarme.


BEGOÑA CAAMAÑO; Morgana en Esmelle. Ed. Galaxia, 2012

Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario