px 64
-Sabe unha cousa, señor Mason? -dixo-, sen dúbida o seu deber é poñer mans destes rapaces seus uns cantos bos libros. Os nenos das cidades poden ir ás bibliotecas, pero aquí no campo só teñen o almanaque do vello doutor Hostetter e as cartas nas que unhas damas con dor de costas contan o ben que lles foi despois de tomar Peruna. [...]
px 80
-Todos vostedes están afeitos aos charlatáns, [...] Pero con frecuencia vén alguén venderlles libros? Imaxino que teñen unha biblioteca pública, pero hai certos libros que todo o mundo debería posuír. E eu téñoos todos aquí, [...]
px 203
-Pois coido que si -respondeu-. A primavera pasada veu visitarme para falar dunha asignación para as bibliotecas escolares e non marchou ata que lle prometín que faría o que quería! [...]
px 217
-Señorita... señorita McGill -tatexou- É vostede unha boa samaritana. E eu estou facendo de John Bunyan, ve? Escribindo no cárcere. Por fin comecei o meu libro. E descubrín que os compañeiros de aquí non saben nada de literatura. Nin sequera hai unha biblioteca.
CHRISTOPHER MORLEY; O Parnaso sobre rodas. Rinoceronte Editora; Colección Nova, 2021
Aportado por JMV
No hay comentarios:
Publicar un comentario