sábado, 26 de mayo de 2018

A ferida do vento

E como a biblioteca do colexio non é moi abondosa, don Ángel recomendoume unha biblioteca municipal de  León, próximam ao internado, que dei en frecuentar oa sábados pola mañá nas horas que nos deixan saír do colexio. (...)
Pero un día, nun estante recollido da biblioteca, vin as letras de ouro impresas nun veludo encarnado e fiquei engaiolado por aquel exemplar d'A Odisea. (...) O muro que me afastaba daquel capricho era o medo que me inspiraba o bibliotecario, un ser con sona de ogro, que non deixa que ninguén dea un chío na sala ateigada de libros. (...) 
E o sábado do furto, cando vin o rostro do bibliotecario con aquela expresión dura e ameazante, dei en suar como se o meu corpo acubillase un volcán. (...) Alí tería que quedar  durante un tempo até que todo o mundo, mesmo o bibliotecario, esquecese o asunto. (...)
Cando xa case se consumira unha semana das dúas decretadas como prazo polo bibliotecario, a culpa comezou a medrar en min... (...) Malia ser delgado, dáballe un aire ao bibliotecario e non facía máis que se rir de min con grandes gargalladas. (...)
Acordei sobresaltado, pero non lle dei demasiada importancia ao soño até que pola mañá cheguei á biblioteca e vin o ogro, alí, tras da mesa... (...) ... pola mñaá desenterrei o libro e agocheino baixo da roupa antes de entrar na biblioteca. (...) Volvín á mesa pouco antes da volta do bibliotecario e estiven case media hora quieto, sufocado, co corpo enchoupado en suor, intentando disimular o delito.                                               pp 43, 44, 45

-Non, señor. Eu só collo libros na biblioteca.
-E que tipo de libros colles? -o interese del ten un punto de incredulidade e achégaseme casa até o alento.
-Tanto ten . Ao chou. Gústanme todos, en xeral.
-E, en particular?
-Homero.                                                                                p. 61

O ano pasado morreu Xosé, un irmán do que herdou unha biblioteca e a paixón polo Oeste americano.                                                    p. 62

-E como non vés pola biblioteca?
-Estou interno nos salesianos de León.
-Nas vacacións tamén abrimos. Prométesme que virás?
-Prometo.                                                                                 p. 128

A ferida do vento; Antón Riveiro Coello. Ed. Galaxia, 2016. Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario