sábado, 17 de agosto de 2019

Os días felices de Benvido Seixas

Laro adoitaba chegar moi cedo aos sitios, un costume que lle quedara de tanto acompañar a súa avoa cando tiña visita no centro de saúde, e instalárase no bar coa mesma meticulosidade que aplicaba ás sesións de biblioteca.    páx 94

Perfecto estaba no seu buró, seguramente revisando contabilidade ou atendendo a correspondencia, e Peregrina lía na butaca, a par da fiestra, algún libro da súa pequena pero selecta biblioteca.    páx 164

[...] non precisaba sete cuartos nun piso, así que deciciu sacrificar tres: un para ampliar a cociña, outro para gañar un baño e poñer unha bañeira de hidromasaxe -da que non podía prescindir despois de tantos anos acostumado a ela-, e o terceiro para que o despacho que fora de seus pais gañase unha parte destinada a aloxar a biblioteca.   [...] Así, a falta de fillos, vería como medraba e se enchía de vida a súa biblioteca.    páx 170


Indicoulles que a colocasen entre a porta do comedor e a da biblioteca, pediulles se lle podían tirar ao lixo os cartóns e o vurullo de plásticos e deulle un billete de propina a cada un para que fosen tomar uns viños ao acabaren a xornada.      páx 172

Pousou a botelliña nun toro de marfil, sentou e mentres o portátil cargaba contemplou orgulloso a biblioteca.    páx 175

Foi rápido cara á biblioteca buscar consolo na lectura.   páx 177

Como bo lector, non podía saír da casa sen un libro na man, e foi ver cales lle faltaban por ler da biblioteca da nai.    páx 180

Os días felices de Benvido Seixas; Eduard Velasco. Xerais 2019. Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario