jueves, 12 de septiembre de 2019

Camiño de paixóns

Foi entón que lin o libro de Paulo Coelho [El Peregrino de Compostela]. Fixen o Camiño por primeira vez, aprendín unha cousa fundamental: non paga a pena obsesionarse coas metas, a felicidade está no propio Camiño. Agora son feliz, moi feliz. Volvín casar dúas veces e casarei tantas como faga falta, e volvo ter un negocio próspero: unha cadea de lavandarías de autoservizo hipster, con pequenas bibliotecas de bookcrossing, estantes con tés de todo o mundo para quentar no microondas... xa sabes, esas cousas que gustan agora...

Camiño de paixóns. Carlos Meixide. Páx. 27. 2019. Aportado por Ana Cosque

No hay comentarios:

Publicar un comentario