-Teñen que baixar as escaleiras, atravesar a biblioteca ata o edificio principal e subir ao segundo piso.
-Os dous edificios só se comunican pola biblioteca?
-So pola biblioteca -repetiu o luthier. Pax. 177
Atravesaron a biblioteca e subiron por unha escaleira cun primeiro tramo de pedra e o resto de madeira clara. Pax. 179
Seguiu a ordenanza polo vestíbulo ata a biblioteca e, de alí, a unha sala contigua, moi ampla, coas paredes revestidas de madeira e presidida por un enorme retrato do primeiro cronista da cidade. Pax.
-Si, Miguel é dos que si. E tamén os luthiers, Eduardo o ourive, a bibliotecaria...Pax. 354
Logo, como fixera a propia Mónica Andrade o xoves anterior, volveu atrás, atravesou a biblioteca para chegar ao edificio anexo e subiu ata o segundo piso, onde se situaba o taller de luthería antiga. Pax. 493 e 494
Victor Andrade deixara sobre a mesa varios libros. O inspector Caldas leu o título do colocado enriba. Referíase aos transtornos e á sexualidade.
-Son da biblioteca do hospital- dixo o doctor mirando a Caldas coma se o comisario non estivera presente-. Trouxenos para ver se así se convence de que non son cousas miñas. Se non quere lelos, pódollos resumir eu -comezou, tomando o primeiro dos libros-. Pax. 505
A axente Barcia, obedecendo as instrucións do inspector, atravesou a biblioteca para chegar ao edificio anexo e subiu pola escaleira de metal ata o segundo andar. Pax. 772 e 773
A todos eles, así como a Xosé Feixó, xefe de estudos, e a María Jesús Cuesta, bibliotecaria, doulles as grazas por abrirme de par en par as portas da escola desde o primeiro instante. Pax 786
O último barco de Domingo Villar, publicado por Galaxia no 2019, 1ª edición. Aportado por Anxo
Neste blogue búscanse e amósanse parágrafos de obras literarias (novela, poesía, teatro, relato curto...) nas que aparece a palabra BIBLIOTECA. Para que o blogue funcione cómpre a colaboración d@s lector@s. Se eres lector@ e queres colaborar, cando atopes a palabra biblioteca nalgunha novela, poema, ou texto teatral que esteas a ler manda un email ao enderezo anacosconbiblioteca@gmail.com co texto que inclua a palabra e indica título do libro, autor, editorial, ano edición, páxina e o teu nome.
No hay comentarios:
Publicar un comentario