miércoles, 11 de marzo de 2020

Unha viaxe no Ford T

Posiblemente Guadalupe Marcos, a bibliotecaria que traballara varios anos á beira de Clara, teña algunha pista sobre o paradoiro da súa excompañeira.
pax 49

Cando marchei do museo descoñecía se a bibliotecaria me contara todo o que sabía.
páx 50

Pero a súa nobre confesión non garda relación coas miñas sospeitas porque, segundo me dixo Guadalupe na biblioteca do museo, Clara desexa contarme o último capítulo deste episodio amoroso.
páx 59

Tamén anunciaba que pronto me mandaría unha colección de cartas rescatadas entre os papeis da súa biblioteca.
páx 65

Desta maneira os andeis da miña biblioteca revivían outra vez coa presenza de O vello e o mar, mentres eu presentía que a localización da moza cubana, desaparecida nunha angosta comunidade labrega da selva guatemalteca, sería unha realidade máis doada.
páx 66

Eu só coñecía algún ancontecemento da súa vida a través das calculadas revelacións e as confidencias que me facía Guadalupe na biblioteca do museo.
páx 74

Quizais a bibliotecaria do museo, unha muller afectuosa no trato profesional pero inhibida nos asuntos máis íntimos, coñece máis segredos sobre o comportamento de Clara, aínda que abordala coas miñas inquietudes recórdame unha noite inzada de remorsos.
páx 77

A mensaxe que me transmitira un vello mestre da mocidade, sobre o sofrimento que padecían os libros esquecidos nos andeis poeirentos das bibliotecas, motivou un sentimento desinteresado sobre a maioría das páxinas quese acubillaban na casa.

Un día desapareceu da biblioteca o libro que Mariela me deixara na praia de Guanabacoa.

bibliotecario era un erotómano no tocante ao coleccionismo de fetiches literarios.
páx 79

Impartía clases nunha escola do arrabalde Marianao, un nome que eu asociaba á residencia onde vivía o pianista Dayamí, pero realizaba tarefas de apoio na biblioteca da universidade para clasificar os libros que devolvían os alumnos cando remataban os seus estudos.
páx 100

Na cerna do vexatorio engano estaba a incrible posibilidade, solermiñamente intuída nos derradeiros días do meu asexo a carón do maldito encoro, de apreixar entre as mans o libro de O vello e o mar desaparecido dos andeis da biblioteca.
páx 103

Lembrando a mensaxe que me enviara Verónica Rouget dende a Habana, sobre a amizade que fixera na biblioteca universitaria cunha economista, comenteilles que o meu berce estaba na costa catalá.
páx 114

Un dos tres amigos que se achegaban decote á casa para contemplar as diapositivas das miñas reportaxes. Un sospeitoso na desaparición dos andeis da biblioteca de O vello e o mar.
páx 118

Atópase nun dos andeis da biblioteca que hai no despacho do seu home. Confesoume toda convencida, cando a depositou naquel lugar despois de regresar de Suíza, que el nunca entendería o seu significado.
páx 139

Seguramente na noite de copas pola cidade vella, que rematou coa saída espavorecida da bibliotecaria da miña casa, deixeime levar polos recordos traídos dende A Habana.
páx 141

A miña misión remataría coa entrega do papel escondido no cofre que descansaba nun dos andeis da biblioteca.
páx 142

O interior da casa amosaba a devoción que sentía Calisto Leyra polos libros. O cofre permanecía no sitio indicado da biblioteca.
páx 155

Despois dirixiuse a un dos andeis da biblioteca, colleu un libro, se cadra para inspirarse, tal como fixera na vila de Rye, e pronunciou as primeiras palabras sobre a historia herdada pola súa avoa dende que saíra do pazo de Valmaior rumbo ás minas de Campanle
páx158

Ateigados de vehemencia cando o meu entrecello lle amosaba algún aceno de escepticismo e detidos nalgún recanto da biblioteca cando controlaba a narración.
páx 165

Ao morrer Consuelo as fillas legáronlle os seus libros á biblioteca municipal de Lucerna onde leran os primeiros contos.
páx 173

biblioteca municipal é un edificio de tres andares que resalta pola súa fachada cuberta con pinturas e emblemas representativos da cidade.

Naquel intre de angustia decateime da presenza das bibliotecas na historia que arrastraba dende Cuba. O vello e o mar desaparecera dos meus andeis. A clave para atopar o manuscrito estaba no despacho dun editor. Memorias de Sherlok Holmes pasou dunha casa particular á biblioteca municipal dunha cidade que non gardaba ningunha relación co escritor escocés.

Outra biblioteca máis na miña andaina.
páx 174

Endexamais as vira tan próximas dende que o libro O vello e o mar desaparecera da miña biblioteca.
páx 178

Un veciño da vila, íntimo amigo da miña avoa, confirmáralle ao bibliotecario a existencia do apaixonado romance porque tivera nas súas mans as cartas que Hemingway lle enviara a ela.
páx 185

Guadalupe citoume na biblioteca do museo.

bibliotecaria estivera toda a mañá pendente das noticias que lle chegaban ao museo cunha lentitude desesperante.

Segundo me contou a bibliotecaria, Mr. Zimmer estaba en Londres para asistir a unha xira de concertos da súa estrela do rock. [...] Púxose en contacto coa bibliotecaria do museo para  localizar o domicilio da súa amiga [...]

Nunha destas ocasións soubera grazas a unha confidencia que lle realizara Antonio Velasco, o bibliotecario municipal da vila, da visita que fixera ás rúas de Valmaior o novelista Ernest Hemingway no verán do ano 1929.

A revelación que lle ofrecera o bibliotecario, dúas décadas despois de tirar a fotografía na praza de touros de Valmaior, semellaba unha cuestión argallada polo diaño.

[...] pero sabía da súa existencia por unha conversa que sostivera o bibliotecario co seu tío Leonardo co gallo dunha exposición fotográfica inaugurada no pazo Dacosta. [...] Tamén posibilitou que, a partir das confidencias reveladas, os libros de Hemingway aparecesen nos andeis da única biblioteca existente na contorna.
páxs 201, 202, 203, 204

bibliotecaria do museo non sabía como don Víctor o conseguira, pero o médico confesáralle ao seu fillo que contaba unha historia de amor protagonizado por Hemingway cunha moza de Valmaior.

Realizara un borrador sobre o proxecto dunha novela baseada na visita do escritor a Valmaior, despois das revelacións que lle fixera o bibliotecario do concello, pero soamente conseguira escribir unhas poucas páxinas.

Nun sobre aparte envíame o cheque prometido. Unha cantidade desmesurada. Tamén o exemplar de O vello e o mar desaparecido dos andeis da miña biblioteca. [...] Tal vez o mesmo que empregara a bibliotecaria cando saíra precipitada da miña casa.
páxs 207, 208, 209


Unha viaxe no Ford T; Xerardo Agrafoxo. Ed. Galaxia, 2004. Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario