domingo, 8 de noviembre de 2020

Catapulta

Páx 11.

Non acudín por curiosidade. O meu cerebro levaba dous meses sen ideas, e tiña a necesidade imperiosa de escribir. Recibíronme con cerimonia e conducíronme a un luxoso despacho de mestas alfombras e mobles antigos dotado dunha ampla biblioteca.


páx 21
"A nai ficará na saliña de estar e disporá dun cómodo sofá-cama, do aparello de televisión, da pequena biblioteca, e dunha estufa eléctrica. [...]

páx 47
Despois de prender o braseiro, remexeu nos estaribeis da biblioteca e fíxose co tomo das obras completas de Allan Poe e co libro Nos infernos da tolemia de H. P. Lovecraft; tamén cun exemplar luxosamente encadernado titulado Cara ao descoñecido, coa intención de inspirarse definitivamente no terror e solucionar a débeda contraída coa editorial.

páx 70
-¿Á investigación? ¿Vostede?
-Si, señor. Aquí onde me ve... Xa lledigo, ténñolle estudios, e curiosidade por saber. Fíxese vostede, na biblioteca da Facultade de Filosofía e Letras, que así se chamaba antes, hai máis de sesenta mil libros e máis de cincocentos códices, e moitísimos incunables, e...

páx 71
-Quedaramos en que na Biblioteca da Facultade de Filosofía había... había mogollón de libros. Siga, siga contando, que teño que chegar hoxe mesmo a Santiago, e vou mal de tempo.

páx 72
-Como lle dicía, na Biblioteca hai moitos manuscritos, e... ?Non quere máis auga?
-Non. Gracias. Moitos manuscritos...

páx 73
-Xa lle digo, fotocopiei aquel manuscrito, que era un romance, e volvín colocalo no seu lugar. Non foi moi difícil. A biblioteca era como a miña casa, pero necesitaba telo na casa, he, he, para investigalo detidamente. Era un romance, xa lle digo, sen título, claro, e por suposto, como vostede, sospeitará, sen, sen... anónimo.

ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO; Catapulta. Ed. Xerais. 1995
Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario