jueves, 19 de agosto de 2021

Sibila

Percorría quilómetros arrasados cada ano ata dar de fuciños coas vilas medianas da costa. Os núcleos deixaban de ter servizos (escola, centro de saúde, biblioteca, tanatorio, mercado, farmacia, medios de transporte públicos) e a xente, inevitablemente, víase na obriga de abandonalas. Esa caída imparable de fichas de dominó provocara que, en apenas dúas décadas. as provincias interiores se convertesen nun ermo. Pax. 36 e 37

Aneiros, R.(2021). Sibila. Vigo: Xerais.

Aportado por Anxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario