Descoñezo a orixe da súa vocación, sen embargo lembro que el sempre sabía o que había detrás de cada tradición ou de cada crenza, seguramente porque os tempos mortos dos meses do inverno, cando había tan poucos turistas e peregrinos a quen guiar pola basílica e a cidade, ocupábaos en ler nos vellos códices e tombos da Biblioteca da catedral, a que atendía precisamente o cóengo Casavella, como referín antes.
Neste blogue búscanse e amósanse parágrafos de obras literarias (novela, poesía, teatro, relato curto...) nas que aparece a palabra BIBLIOTECA. Para que o blogue funcione cómpre a colaboración d@s lector@s. Se eres lector@ e queres colaborar, cando atopes a palabra biblioteca nalgunha novela, poema, ou texto teatral que esteas a ler manda un email ao enderezo anacosconbiblioteca@gmail.com co texto que inclua a palabra e indica título do libro, autor, editorial, ano edición, páxina e o teu nome.
viernes, 2 de diciembre de 2022
Trece badaladas
px 167
px 170
Eu pregunteille ao cóengo bibliotecario Casavella e, pesia á nosa vella amizade iso negoumo; sempre me negou que houbese tal códice.
px 179
E así marchei de alí, daquel cuarto que arrefriara pola corrente de aire frío que entrara detrás miña, gardando cobizosamente aquela revista e anotando mentalmente aquela alusión ao Códex Calixtinus coa intención de estudialo con atención ao día seguinte na biblioteca da nosa catedral, marchei de alí e saín para a noite.
px 229
Libre xa desta preocupación dos meus negocios, busquei na miña modesta biblioteca o Calixtinus e alí localicei as "Leccións segundo o Papa León e o Mestre Panicha" que me indicara Valentín e alí, na Lección IV, atopei o relato do traslado do noso santo patrón polos seus discípulos [...]
SUSO DE TORO; Trece badaladas. Xerais, 2003.
JMV
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario