sábado, 10 de febrero de 2024

A quinta de Saler

 

px 61

Non quere caer en anacronismos e, por iso, comeza a sentir o pálpito de estudiar o século XIX. Está na obriga non só de ler vellas novelas senón tamén de investigar polas bibliotecas e facer chamadas á xente que publicou libros sobre a sociedade da época,[...]

px 122
Ficar así, só, coa noite espreitante trala fiestra e o rumor limpo da música a soar na biblioteca, é un privilexio único que lle anestesia a alma a calquera e que a Bieito lle permite escribir cunha facilidade erótica, de feitizo.

px 147
Manuel achégase cunha luz adoecida nos ollos.
-Teño unha sorpresa.
-Cal?
-A biblioteca.
Helena acompáñao e sobe os banzos da quinta cunha submisión apalermada, [...]

px 149
Mentres se visten, o sol morre por tras da Aguioncha, Manuel observa desde a fiestra da biblioteca o baile improvisado do patio e prende  un cigarro que lle encirra a súa tose sólida.

ANTÓN RIVEIRO COELLO; A quinta de Saler. La Voz de Galicia, 2009. Col. Biblioteca 120 Galega.

Aportado por JMV

No hay comentarios:

Publicar un comentario