Mostrando entradas con la etiqueta Confesións dun artista de merda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Confesións dun artista de merda. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de octubre de 2020

Confesións dun artista de merda

Seville (California) ten unha boa biblioteca pública. Pero o mellor de vivir en Seville é que estás a vinte minutos en coche de Santa Cruz, que ten praia e parque de atraccións. E estrada de catro carrís.

páx 15

Sempre facían porque Fay e máis eu non lésemos e, a intervalos durante a miña infancia, rexistraban o meu cuarto e queimaban todo o material de lectura de que se incautaban, mesmo os libros da biblioteca.
páx22

-Cando me coñezades mellor, xa veredes que non hai que facerme moito caso -expliqueille-. Son unha persoa bastaee vulgar. Un día na biblioteca pública, dixen "carallo" diante da bibliotecaria. Morrín de vergonza. Quería que me tragase a terra. Non volvín nunca, non podería mirala á cara.
páx 91

A última vez que a viron, el esforzárase en deixarlle claro que ía estar enleado toda a semana cos estudos, xa que tiña que presentarse a un exame na biblioteca pública de San Rafael.
páx 123

Adoitaba ir á biblioteca pública de San Francisco para ler as revistas novas, coller libros que podían gustarlle a Charley e investigar.[...]
Cando me vía entrar no cuarto coa mochila chea de revistas especializadas e libros da biblioteca, case sempre me dicía:
-Ou, Isidore, que novidades me traes sobre o corazón?
páx 137

Estiven un anaco na biblioteca pública, folleando as revistas novas e logo collín o autobús ao Hospital da Universidade de California. Atopei a Charley na galería, en bata e nunha cadeira de rodas.
páx 184

Charley botou a man ás revistas e viu que a Life xa a lera, que lla trouxera o cuñado da biblioteca na última visita. Con todo, tomou a molestia de folleala igual.
páx 213

Fun ao teléfono da biblioteca da señora Hambro e chamei a Nat Anteil.
páx 259

PHILIP K. DICK. Confesións dun artista de merda. Kalandraka Editora, 2020.

Aportado por JMV